20/6/17

CORPOS XEOMÉTRICOS

Construimos, observamos, fixemos fotos e preparamos este álbum, así foi como aprendemos os seus nomes e as súas características.

       

14/6/17

TEÑO UNS PÉS PERFECTOS

Lémolo na clase este curso e aprendemos moitas cousas con el, así que agora que xa o rematamos, imos animar a ler este libro cun "book trailer" que fixemos entre todas e todos:

            

22/5/17

XEOMETRÍA COAS HORTALIZAS

Xoga a construir un hexágono como este compoñendo as hortalizas como ti queiras. A túa composición triangular multiplicarase por seis de forma radial e simétrica como a visión dun caleidoscopio.
Moito que observar!

http://www.alimentacion.es/es/campanas/consumo_fruta_verdura_escuelas/Caleidoscopio.aspx
 

18/5/17

A MUIÑEIRA

Aprendemos cousas sobre este baile tradicional e ata nos atrevemos a bailalo, grazas as explicacións deste libro:


 Moitas grazas a Patricia, a mamá de Xián, pola gravación:

           

Alba González Bouza

8/5/17

SALVATERRA MILENARIA

O Concello de Salvaterra convidounos a participar nun certame artístico sobre a Historia de Salvaterra, concretamente da Idade Media. Elaboramos os nosos traballiños ao mesmo tempo que investigamos, e coa información obtida elaboramos o  programa de radio para A Voz da Escola.
Así fixemos o guión do programa e as nosas creacións artísticas: